Seminarios 2010

A Asociación de Palilleiras “Barrocás” comprácese en anunciar o seu III Congreso de Encaixe de Palillos e Artesanía Téxtil: “Ourense, Punto de Encontro” patrocinado pola Concellería de Cultura do Exmo Concello de Ourense.


Durante este congreso, entre outras actividades, levaránse a cabo 6 seminarios, cunha duración de 20 horas cada un deles, agás do nº 6 que se poden realizar talleres de 3 horas de duración.

Os Seminarios están repartidos da seguínte maneira en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas:

De Mércores, 7 de Xullo a Venres 9 de Xullo: Seminarios 1, 2 e 3

De Sábado, 10 de Xullo a Luns, 12 de Xullo: Seminarios 4, 5 e 6


domingo, 13 de junio de 2010

Seminario 5 : Inspiración, deseño e Técnica no encaixe: o encaixe de Saris (Eslovaquia) por Jitka von Lindern

Deseño con encaixe de cinta da rexión de Saris (Eslovaquia). As características técnicas máis salientables deste encaixe de cinta son os buratiños no interior da cinta e os particulares cambios de cores. Este encaixe adoitába adornar as cofias das mulleres. Aquí vanse a deseñar formas distintas para a súa aplicación en pezas diversas.

Material necesario:

  • papel, lapiz e goma

  • papel cebola

  • almofada plana ou rulo

  • palillos

  • fios de algodón que estarán a disposición d@s participantes

  • e …..... moita imaxinación


Posted by Picasa

No hay comentarios:

Publicar un comentario