Seminarios 2010

A Asociación de Palilleiras “Barrocás” comprácese en anunciar o seu III Congreso de Encaixe de Palillos e Artesanía Téxtil: “Ourense, Punto de Encontro” patrocinado pola Concellería de Cultura do Exmo Concello de Ourense.


Durante este congreso, entre outras actividades, levaránse a cabo 6 seminarios, cunha duración de 20 horas cada un deles, agás do nº 6 que se poden realizar talleres de 3 horas de duración.

Os Seminarios están repartidos da seguínte maneira en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas:

De Mércores, 7 de Xullo a Venres 9 de Xullo: Seminarios 1, 2 e 3

De Sábado, 10 de Xullo a Luns, 12 de Xullo: Seminarios 4, 5 e 6


jueves, 17 de junio de 2010

domingo, 13 de junio de 2010

Seminario 1: Malla II por Nieves Quintana Blas (Gijón)

Non son necesarios coñecementos previos. Ó comenzo do curso entregaráse un manual a tod@s os participantes.

Material necesario:

  • agulla (aguja) lanzadera

  • mallero

  • tentemozo

  • fio de algodón, liño, seda, etc

e para @s xa iniciad@s:

  • bastidor para tensar a malla

  • agulla (aguja) roma para bordar

Posted by Picasa

Seminario 2: A Fantasía Encaixe Moderno Checo por Marcia Ferreira ( Escola Iva Proscova)

Material necesario:
  • almofada plana ou rulo

  • palillos e alfinetes

  • ganchillo

  • fio de liño en distintas cores e texturas

  • Os fios e complementos ( alambre, contas e adornos) poderanse mercar según necesidade da peza a elaborar.

Posted by Picasa

Seminario 3: “Free-hand Lace” por Marianne Stang (Alemaña)

Encaixe arcaico traballado sen picado e alfinetes nas beiras da labor.

    Material necesario:

  • almofada plana con rulo /ou unha almofada de rulo

  • A funda da almofada serán de raias ou de cadriños. Tamén se pode sustituir por un papel con cadros.

  • Plastico adhesivo verde ou laranxa

  • cartón

  • 25 pares de palillos con fio de liño 50/2 ( +/- nº 30)

  • 2 pares con fio vermello (50/2) e 2 pares con fio azul

  • lápices: vermello, verde, violeta e azul

  • alfinetes

  • Non haberá picados porque @s participantes deberán elaborar os seus propios deseños.

Posted by Picasa

Seminario 4: Macramé por Ana Castro Barja

Non son necesarios coñecementos previos. Ó comenzo do curso entregaráse un manual a tod@s os participantes.

Material necesario:

  • alfileres de cabeza

  • ganchillo

Posted by Picasa

Seminario 5 : Inspiración, deseño e Técnica no encaixe: o encaixe de Saris (Eslovaquia) por Jitka von Lindern

Deseño con encaixe de cinta da rexión de Saris (Eslovaquia). As características técnicas máis salientables deste encaixe de cinta son os buratiños no interior da cinta e os particulares cambios de cores. Este encaixe adoitába adornar as cofias das mulleres. Aquí vanse a deseñar formas distintas para a súa aplicación en pezas diversas.

Material necesario:

  • papel, lapiz e goma

  • papel cebola

  • almofada plana ou rulo

  • palillos

  • fios de algodón que estarán a disposición d@s participantes

  • e …..... moita imaxinación


Posted by Picasa

Seminario 6: Estampación e tinguido en algodón e en seda Textiles por Dana Mascová (República Checa)

Demostración de diversas técnicas. Non son necesarios coñecementos previos. Pódese un inscribir ó curso completo (130€) ou a sesións de de 3 horas (a razón de 25 € por sesión).

Sábado: de 10.00-14.00h ou 16.00 -20.00h

Domingo: de 10.00-14.00h ou 16.00-20.00h

Luns: de 10.00-14.00 h

Material necesario:

pinceis ou/e cachos de puntillas

Os tintes, sellos e pinturas serán proporcionados pola organización.

Posted by Picasa